miércoles, 26 de diciembre de 2012

Encontro

(Falta foto :-(  pero está na memoria). 

Que ledicia poder estar a gusto, independentemente do recuncho, coa túa xente. Sentir que o momento é único e indefinido, que é cómodo de levar, que é para gardar no recordo,... sentir iso é gratificante e ademais de balde. Pero non está accesible a todos, senón a aqueles que o sepan apreciar.
Momentos non programados,  deixados ó desdén dun rumbo descoñecido, co único fin de disfrutar do instante deixándote mexer pola corrente das verbas e dos ademáns, descoñecendo á súa vez o desenlace , por moi bo que sexa, non desexado.
Intres impagábeis e á vez cheos de valor.



O tren que me leva

           Esperando con desexo a partida dunha nova viaxe chea de ilusións e incertidume, achégase con ímpeto o tren. Detense mainamente, á vez que na estación os viaxeiros  acuden apresuradamente a recibilo. Atópome no seu interior e reláxome tomando asento propoñéndome a deixarme levar, levar, levar....

lunes, 17 de diciembre de 2012

Bágoas


             As bágoas do ceo están a cair… As bágoas son sutiles, delicadas, transparentes, honestas, desexadas, refrescantes, limitadas… As bágoas esperan que o vento as meza, as golpee, as faga tremer coa súa forza inesperada… As bágoas pousan no verde do chan, déixanse estar, permanecen á espera, son pacientes, silenciosas, inadvertidas, alentadoras… As bágoas penetran na terra, fúndense cos materiais, espállanse ó longo e ancho, dan alento ás raíces da vida.